InicioLugo e contornaLugoTramitadas oito denuncias por botellóns na cidade de Lugo a fin de...

Tramitadas oito denuncias por botellóns na cidade de Lugo a fin de semana e catro por falta de respecto a axentes

A Policía Local tamén levou a cabo catro actas de denuncia a catro novos por ouriñar en rúas do centro histórico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou oito actas de denuncia por celebración de botellóns durante o pasado fin de semana en Lugo no marco de controis para o cumprimento das medidas pola pandemia da Covid-19, ademais doutros catro por falta de respecto e consideración a axentes.

Segundo informou a Policía Local, durante o fin de semana pasado o Grupo Operativo Nocturno levou a cabo diferentes dispositivos para o control do cumprimento da normativa Covid.

En concreto, os axentes tramitaron oito actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia pola práctica de botellóns e catro por incumprir a Lei de Protección da Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración a axentes de policía.

Así mesmo, a Policía Local levou a cabo catro actas de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia ao sorprender a catro novos cando ouriñaban en rúas do centro histórico.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...