InicioLugo e contornaLugoUn axente ferido no desafiuzamento dun home en Lugo

Un axente ferido no desafiuzamento dun home en Lugo

Nun primeiro momento mostrou unha resistencia pasiva pero acabou por reaccionar con violencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo, que acompañaban a unha comisión xudicial para executar unha orde de desafiuzamento nunha vivenda da Rolda da Muralla, detiveron a un home de 33 anos de idade polos delitos de desobediencia, resistencia e atentado á autoridade, dado que se puxo violento e un dos policías resultou ferido e terá que ser intervido cirurxicamente por mor desa agresión.

Sucedeu sobre as 10:15 horas deste xoves -30 de xuño-, cando axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio falaron co home que estaba dentro da vivenda para informalo de que tiña que recoller as súas pertenzas e abandonar o lugar, en cumprimento da orde xudicial.

Con todo, o home negouse e, aínda que nun primeiro momento mostrou unha resistencia pasiva, acabou por reaccionar con violencia contra os axentes, aos que lles propinou varios empuxóns e patadas para tentar botalos da habitación na que estaba.

Como mostraba unha “actitude moi violenta e agresiva”, os axentes procederon ao seu inmobilización, detención e posterior traslado ás dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda. Por mor desta intervención, un dos policías sufriu unha lesión nun brazo, polo que tivo que ser trasladado a un centro médico. Terá que ser intervido cirurxicamente no día de hoxe.

ÚLTIMAS

A Garda Civil detén na provincia a tres profugos da xustiza

A Garda Civil detivo a tres persoas buscadas por orde de distintos xulgados cando se atopaban...

Sen avances nas reunións entre o Goberno, ONG e os migrantes de Monterroso

O representante que enviou o Goberno a Monterroso para mediar no conflito entre os...

A Reserva dos Ancares recibirá 120.000 euros da Deputación para o seu coidado

A Deputación de Lugo ofrecerá dúas liñas de axudas para reforzar o tecido asociativo...