InicioLugo e contornaLugoEstes son os segredos dos esqueletos atopados na Catedral

Estes son os segredos dos esqueletos atopados na Catedral

As análises dos restos de quince individuos soterrados na capela do Pilar indican que formaban parte dunha casta privilexiada dos séculos XIV e XV. O achado de seis menores de 7 anos sorprendeu ás investigadoras Olalla López Costas, Gundula Müldner e Kerstin Lidén.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na capela do Pilar da catedral de Lugo, os esqueletos de 15 individuos soterrados alí gardan historias persoais representativas da sociedade luguesa e galega na Baixa Idade Media. 955 elementos esqueléticos revelan que se trataba de individuos que viviron comodidades que a inmensa maioría dos cidadáns da época non coñeceron, probablemente polos seus vencellos co clero.

Tres investigadoras asinan unha nova achega científica coa que pretenden reconstruír as historias biolóxicas das persoas enterradas na capela real da catedral de Lugo, coñecida como a capela do Pilar desde o século XVII. Unha reconstrución que nos permite coñecer mellor como era a sociedade galega nos séculos XIV e XV, nos que se datan a maioría dos esqueletos achados e analizados.

Olalla López Costas, responsable do grupo EcoPast da Universidade de Santiago de Compostela (USC), asina no International Journal of Osteoarchaeology un traballo sobre as “historias biolóxicas” daqueles individuos, canda Gundula Müldner, do Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Reading (Reino Unido), e Kerstin Lidén, do Laboratorio de Investigación Arqueolóxica da Universidade de Estocolmo (Suecia).

A situación das tumbas na catedral e a súa manufactura indican que os esqueletos pertencían a “unha clase social acomodada ou alta e moi relacionada coa igrexa”

O seu estudo, din, “pretende reconstruír as historias biolóxicas das persoas enterradas na capela real da catedral de Lugo”, para o cal empregaron “perspectivas antropolóxicas, xeoquímicas e históricas”, aplicando un estudo “macroscópico e radiográfico sobre 955 elementos esqueléticos” de 15 individuos achados alí, unha análise multi-isótopo de 12 mostras humanas e catro animais, e o estudo de 1.407 documentos dos arquivos da catedral.

“As análises de fontes paleopatolóxicas, multi-isótopas e históricas combínanse para abordar o estilo de vida de 15 individuos da capela real da catedral de Lugo”, explican as autoras (a paleopatoloxía busca marcas deixadas nos ósos ou nos dentes resultantes dalgunha lesión ou enfermidade).

A principios de xullo de 2007 iniciouse un seguimento arqueolóxico e unha posterior intervención nunha das capelas laterais da xatedral de Lugo, a norte, na cal se descubriron sete tumbas. Antes de erixirse a catedral, existen evidencias dun primeiro templo, de estilo prerrománico, construído no século VIII no mesmo lugar no que a partir de 1129 se comezou a edificar a catedral románica, logo remodelada en diferentes períodos e estilos.

A do Pilar é unha capela gótica que antigamente estaba ocupada por dúas capelas separadas: a capela dos Reis e a capela de San Froilán. Foi o mestre arquitecto Gaspar de Arce Solórzano quen, en 1611, uniu as dúas capelas. Todo a artigo no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...