InicioLugo e contornaLugoOs futuros "Bruce Li" compiten en Lugo

Os futuros “Bruce Li” compiten en Lugo

Lugo será o escenario do XXXVIII Campionato Galego Escolar de Kun-Fu o próximo 19 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acollerá o XXXVIII Campionato Escolar de Kung-Fu o vindeiro 19 de xuño, un evento deportivo que reunirá a máis de 330 deportistas de diversas idades e dos dous xéneros de toda Galicia. O campionato desenvolverase no Pavillón Municipal dos Deportes a partir das 17:00h, e poderase ver por streaming na canle de YouTube da Federación Galega de Kung-Fu.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen presentou esta mañá o campionato, destacou a importancia de “apoiar e promocionar este deporte” e indicou que “eventos deportivos deste tipo axudan a poñer a Lugo no mapa deportivo de España”.

A competición, que segue o protocolo aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte e non terá aforo, constará de dúas probas nas que se demostren os aspectos técnicos, estéticos e educativos do Kung-Fu e realizaranse por equipos. As categorías serán Benxamín, Alevín e Infantil, a primeira delas destianda só a deportistas da provincia de Lugo.

En canto aos premios, repartiranse tres premios por categoría, que consisitirán nunha medalla e trofeo e os deportistas non clasificados recibirán unha medalla de participación conmemorativa do campionato.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...