InicioLugo e contornaLugoBuscan que o Arde Lucus sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional

Buscan que o Arde Lucus sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional

O Concello recoñece que os pasos son "complexos" pero traballa para que a declaración teña lugar o ano que vén.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo traballa, apenas unha semana para que arrinque o Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade de Lugo do 17 ao 20 de xuño, para conseguir que o próximo ano sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

O concelleiro de Mocidade de Lugo, Mauricio Repetto, avanzou que “a idea é que este ano” poidan “presentar a documentación para solicitalo”. “Este será un distintivo que vai permitir potenciar a festa”, sentenciou.

Repetto recoñeceu que os “pasos son complexos”, no sentido de que hai que traballar, dixo, “ano a ano para ir facendo eses deberes, ter a documentación necesaria cuxos requisitos para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional se publican no BOE”.

Entre outros trámites, enumerou, “o ter en varios idiomas os folletos e as redes sociais, ademais de publicacións en prensa e en medios internacionais”. “Este ano ímoslle a dar o puntapé para presentar a documentación e poder obtela (a declaración)”, sinalou.

A edición deste ano non é allea aos problemas derivados da pandemia, pero aínda así haberá campamentos e tamén concertos, con controis “de aforamentos e nas entradas e saídas” a estas actividades, explicaron os organizadores.

Repetto tamén apela ao “streaming”, que será outro dos recursos que se empregue por parte do Concello para dar visibilidade ao Arde Lucus deste ano, que cumpre vinte desde que arrincase en 2001.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....