InicioLugo e contornaLugoOs positivos na delegación da Xunta elévanse a 18

Os positivos na delegación da Xunta elévanse a 18

Polo momento 650 os traballadores que se someteron a estas probas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, informado este venres de que o brote na sede da Delegación da Xunta en Lugo suma 18 por covid entre os seus traballadores.

Inicialmente detectáronse oito contaxios, que sumaron máis positivos logo dos distintos cribados que se realizaron ao persoal que traballa no edificio administrativo da Ronda de la Muralla.

En canto ao cribado, Ares cuantificou en 650 os traballadores que se someteron a estas probas, que esperan alcanzar os 700 nas próximas horas, co resultado dese sete positivos máis. “A situación é estable”, resume o xerente sanitario.

VACINACIÓN

Durante o fin de semana e ata o luns, continuará a campaña de “vacinación masiva” co fin de concluír co tramo de idade comprendido entre 50 e 59 anos e, o vindeiro mércores, empezar cos de 40 a 49.

Ramón Ares precisou que na provincia se alcanzou máis do 50 por cento da poboación diana con polo menos unha dose, con 165.873 persoas ás que se lles administrou polo menos unha inxección, mentres que 109.300 persoas teñen a pauta completa, o 33,3 por cento.

Para o fin de semana e ata o luns concluirase coa inmunización do tramo de idade de 50 a 59 anos, con 7.300 persoas citadas. O mércores empezará a vacinación do grupo de entre 40 e 49 anos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...