InicioSucesosDetidos por quince roubos con forza en comercios e locais hostaleiros da...

Detidos por quince roubos con forza en comercios e locais hostaleiros da provincia

Os dous investigados actuaron en establecementos de Castro de Rei, Begonte, Friol, Monforte de Lemos, Meira, Riotorto e Portomarín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a dous lucenses por un total de 15 delitos de roubo con forza, cometidos entre outubro de 2020 e xaneiro de 2021 en distintos locais comerciais e hostaleiros de varias localidades da provincia de Lugo.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron en establecementos de Castro de Rei, Begonte, Friol, Monforte de Lemos, Meira e Riotorto. Ademais, accederon tamén a un albergue de Portomarín no que se atopaban varios peregrinos.

En canto ao ‘modus operandi’, os autores ían ataviados con pasamontañas e luvas en busca de locais sen alarma sonora. Unha vez alí rompían a fechadura das portas e accedían ao interior en busca de diñeiro en efectivo.

Ademais, no caso de establecementos hostaleiros, subtraían o diñeiro das caixas rexistradoras e dos comecartos e levaban as máquinas de tabaco para posteriormente subtraer noutro lugar tanto o diñeiro como o tabaco do seu interior.

De acordo coa Garda Civil, a actividade delituosa destas persoas “aumentou en datas do Nadal”. Así, chegaron a violar o toque de queda para cometer os feitos delituosos a altas horas da madrugada.

DETENCIÓNS

Froito das investigacións realizadas, a busca dos responsables centrouse nun grupo de mozos asentados na localidade de Lugo. Finalmente, procedeuse á detención dos presuntos responsables o pasado 27 de xaneiro, “cando regresaban da súa actividade delituosa”.

Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Chantada (Lugo), mentres que a investigación continúa aberta ante posibles novas actuacións.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...