InicioSociedadeCribado na Deputación de Lugo e peche do Centrad despois do positivo...

Cribado na Deputación de Lugo e peche do Centrad despois do positivo dun deputado

Realizarase un cribado entre o persoal que tivo contacto estreito ou que traballa nos mesmos departamentos, tanto coa persoa que deu positivo, como coa que está pendente de resultado da PCR. As probas realízanse ao longo deste xoves e venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo decidiu incrementar as súas medidas de protección, así como levar a cabo un cribado entre parte do seu persoal, tras detectar o positivo por covid-19 do deputado da área de Promoción Económica e Social, así como o contacto estreito dun traballador do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) cun positivo.

Así, levouse a cabo unha desinfección integral das dependencias da área de Benestar Social e Emprego do Pazo de San Marcos, á que pertence o deputado que deu positivo. Do mesmo xeito, realizarase un cribado entre o persoal que tivo contacto estreito ou que traballa nos mesmos departamentos, tanto coa persoa que deu positivo, como coa que está pendente de resultado da PCR. As probas realízanse ao longo deste xoves e venres.

En total, faranse 30 probas de detección da covid-19, aínda que poderán ampliarse en función das avaliacións que efectúe o servizo provincial de prevención. Membros do goberno e do gabinete de Presidencia, incluído o propio presidente, xa fixeron as probas, con resultado negativo. Finalmente, decrétase o peche ao público do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), como medida de prevención mentres non se coñecen os resultados das probas de detección.

Todos os traballadores dos servizos de Benestar, Emprego e Centrad, e o persoal que tivo contacto estreito tanto co deputado de Promoción Económica e Social como co traballador do Centro de Artesanía, realizan traballo a distancia, en tanto non se confirmen os resultados das probas.

 

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...