InicioSociedadeSanidade suaviza as restricións na cidade de Lugo

Sanidade suaviza as restricións na cidade de Lugo

Continúa o peche perimetral, pero a hostalaría poderá abrir ao 40% en interiores e ao 50% en terraza ata as 23:00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O subcomité clínico decidiu rebaixar as medidas de restrición na cidade de Lugo, que pasa do nivel máximo ao medio, ao igual ca outras áreas galegas. Malia que se mantén o peche perimetral, a hostalaría poderá ampliar a actividade.

Así o acordou o subcomité nunha reunión mantida este venres 11 de decembro para valorar a situación epidemiolóxica. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacaba unha menor incidencia en Galicia, tendencia que tamén se ve en Lugo, polo que as restricións serán menores.

Así, no concello de Lugo os establecementos hostaleiros poderán abrir ao 40% da súa capacidade no interior e ao 50% nas terrazas ata as 23:00 horas. Ademais, permítense agrupacións de ata seis persoas non conviventes.

CAMBIOS NO RESTO DE GALICIA

Sanidade tamén alivia as medidas na cidade de Pontevedra e a súa área, así como no Porriño e Narón, que quedan no nivel medio-alto de restricións.

Así mesmo, dada a evolución positiva dos parámetros, os municipios de Silleda, Ribadavia, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Malpica, Vilanova e Xinzo pasan ao nivel básico. Levántanse as restricións á mobilidade e a hostalaría poderá abrir ao 50% en interiores e 75% en terrazas.

Polo contrario, Sanidade pide un “esforzo adicional” en Sarreaus, A Rúa, Camariñas, Zas, Tomiño e O Rosal. Todos eles concellos que soben de nivel.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...