Un turista aproveitou a súa estancia en Lugo para cometer tres agresións sexuais en menos dun mes

Unidade da Policía Nacional | Xefatura Superior

Un home foi detido este xoves en Benidorm por tres agresións sexuais cometidas en Lugo en menos dun mes. Unha detención que foi posible grazas as probas de ADN. Segundo informa a Policía Nacional, o arrestado atacaba ás vítimas de maneira sorpresiva e violenta en portais de vivendas mentres se atopaba temporalmente en Lugo.

A recollida de vestixios biolóxicos tras os delitos foi chave para o seu arresto, segundo informa nun comunicado a Policía Nacional. A investigación comezou despois de que unha muller denunciara que fora agredida sexualmente nun portal en Lugo, despois de ser abordada por detrás por un descoñecido.

A esta primeira denuncia sumáronse as doutras dúas agresións que non chegaron a consumarse, ocorridas todas elas no transcurso de menos dun mes. Cos datos achegados polas vítimas, os investigadores “conseguiron obter unha precisa descrición do presunto autor dos feitos”. “Ante a presión policial, abandonou a localidade galega para dificultar o seu arresto”, indica a Policía.

O detido, que carecía de antecedentes policiais, puido ser identificado polas mostras de ADN. Tras cotexar as mostras biolóxicas, púidose establecer a conexión coas agresións sexuais cometidas en Lugo e procedeuse á súa inmediata detención en Benidorm.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here