Lugo Monumental considera un “engano” o Plan Reanima do Concello

Os empresarios do centro da cidade táchano de "algo así como un 'eu invito e ti pagas'" e acusan a Corporación de anunciar unha subvención para cubrir uns gastos que "realmente" terán que asumir en gran parte as propias empresas.

Representantes do Concello de Lugo na videoconferencia de prensa realizada para explicar as axudas da liña 'Reanima Lugo' | ALX

EFE | O colectivo Lugo Monumental, que agrupa os negocios do centro da cidade, denunciou o “engano” que aos seus ollos supón o Plan Reanima do Concello de Lugo, “unha campaña máis”. Aseguran que, se ben o Concello se comprometera a cubrir o 30% da base reguladora do salario dos traballadores sometidos a un ERTE, serán as empresas as que realmente terán que asumir o groso destes gastos.

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, lembrou que a asociación “apoiou decidida e publicamente ao Concello desde o primeiro momento” cando “anunciou que achegaría unha partida económica de 5 millóns de euros” para impulsar o Plan Reanima, entre cuxas medidas se atopaba o abono dese 30% da base reguladora que non cobre a prestación por desemprego dos traballadores afectados por un ERTE.

“Con todo, vémonos obrigados a denunciar que a realidade é ben distinta”, dixo Latorre, algo así como “un ‘eu convido, ti pagas’ “. Segundo Latorre, “a concreción do plan fai que sexan as empresas as que realmente asuman o groso deses custos a cambio dunha pequena axuda municipal que de ningunha maneira cumpre co prometido”.

Nese sentido, precisou que “ao tratarse dunha axuda dun único pago, a situación será cada vez máis gravosa, xa que cada mes a empresa” verase obrigada a “completar” con fondos propios “a base reguladora”. “A empresa adquire o compromiso de completar o 100% da base reguladora, pero en ningún caso se ve compensada polas axudas municipais”, dixo Latorre, que “nin sequera cobren a primeira mensualidade”, de modo que a situación pode ser “moi prexudicial en función da duración do estado de alarma”.

CRÍTICAS DENDE O PRINCIPIO

Aínda que recoñece que “toda axuda é benvida neste grave momento, non é aceptable que se anuncie unha subvención aos traballadores que, finalmente, terán que soportar maioritariamente as empresas”.

Non pensedes que facemos esta crítica agora. Todo o contrario. Avisamos previa e reiteradamente” sobre os “defectos” que observaban no plan de axudas. “Esperamos a que se celebrase o pleno de aprobación do crédito coa vana esperanza de que recapacitasen e anunciasen unha corrección, pero á vista de que non foi así, non nos queda máis remedio qe denunciar publicamente que as axudas para os traballadores do plan Reanima son un “engano, unha campaña máis”, conclúen.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here