InicioMovementos sociaisNada frea a reivindicación multicor: Lugo vive o Orgullo

Nada frea a reivindicación multicor: Lugo vive o Orgullo

Galería da manifestación con motivo do Día do Orgullo LGTBIQA+ en Lugo, que malia a choiva encheu de cor e son o centro da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Juan Carlos Zaera catalizou o espírito da xornada cun pregón entre a solemnidade e a reivindicación. Con razón apuntou ao pasado escuro do Vello Cárcere, esa longa noite de pedra atroz tamén para quenes expresaban unha condición diferente á que preconizaba o réxime. Que escenario. “Eu podo transformalo para as actuacións… pero así é terrible”, comentoume compunxido. Pero iso é o Orgullo, que é máis ca unha celebración.

Á saída do edificio confirmouse o pronóstico do tempo. A bategada era importante e mantiña aos primeiros manifestantes ben apretados nos portais. Marcos –que xa atendera a Lugo Xornal nesta entrevista– repartía paraugas coas cores do arco da vella con certo apoio loxístico e institucional. A pancarta principal houbo que dobrala, para non comprometer á primeira fila con manobras imposibles. Malia a treboada, seguía a chegar xente. Alá fomos.

Contra a batuxada, batucada. A comitiva espertaba os muros de Lugo con consignas directas, citando a cada un dos compoñentes do colectivo LGTBIQA+. Unha camarada de Esquerda Unida fíxome oco no seu paraugas, por aquilo de que á prensa hai que coidala, que nunca se sabe. A marcha lembraba á do Prestige, a outra escala, pero co mesmo espírito capaz de salvar un mar de auga. Non eran só as duascentas e pico gorxas que percorrían a cidade amurallada, tamén as que á mesma hora facían tremer as rúas das cidades e vilas galegas.

Logo de percorrer o casco vello, co apoio da xente que saía dos locais, a manifestación congregouse na Praza Maior. Impúxose a cor sobre a choiva. Dende os máis cativos ata as señoras con mil batallas, todos desfrutaron baixo o pigmento multicor. Foi un intre de apertas, de carreiras e de moito Orgullo.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...