InicioSociedadeOs hoteis de Lugo, dispostos a se transformar en hospitais para garantir...

Os hoteis de Lugo, dispostos a se transformar en hospitais para garantir a suficiencia de camas

En menos de 24 horas, os hostaleiros de Lugo xa ofreceron instalacións dabondas para cubrir a demanda do Sergas en caso de que se dese un pico de contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Algúns establecementos hoteleiros de Lugo xa mostraron a súa disposición a ofrecer as súas instalacións á Consellería de Sanidade, en caso de que fose necesario facer uso das mesmas para atender a persoas afectadas por coronavirus.

Sanidade contactou coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) para tantear o terreo e saber cantos establecementos se ofrecerían. A APEHL enviou un correo electrónico aos asociados e, en menos de 24 horas, a oferta de prazas xa é suficiente para cubrir a demanda exposta pola Consellería.

Segundo explicou o presidente da APEHL, Cheché Real, trátase dunha medida “de precaución”, por se finalmente se produce “unha escalada de casos positivos do virus” que obrigase ás autoridades sanitarias a buscar máis camas para atender os pacientes.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...