InicioSociedadeO PP pide máis seguridade no Garañón logo de que varias persoas...

O PP pide máis seguridade no Garañón logo de que varias persoas tiraran pedras desde as torres

Os populares cren que o Concello ten a responsabilidade de impedir o acceso á propiedade privada para evitar riscos de accidentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo pedirá explicacións en Comisión sobre as medidas de seguridade implementadas para garantir o peche perimetral e impedir o acceso ás torres de Garañón. Os populares coidan que o caso detectado esta semana —ao saberse de varias persoas que tiraban pedras desde as alturas— “non é algo illado”. Daquela, piden ao goberno local que actúe para evitar o risco de accidentes.

“De ocorrer un accidente, que responsabilidade tería o Concello?”, pregúntase o voceiro do PP, Ramón Carballo. “Aínda que a obra está precintada polo xulgado, suponse que a autoridade local debe velar para que non se acceda a unha propiedade privada”.

Os populares insisten na frecuente presenza de mocidade no interior do edificio, algo qeu supón un grave perigo pola situación do mesmo: inacabado, “con ocos de escaleiras e zonas sen pechar”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...