InicioSociedadeA atleta Adi Iglesias, a árbitra Tania Fente e a actriz Benedicta...

A atleta Adi Iglesias, a árbitra Tania Fente e a actriz Benedicta Sánchez visitarán o CEIP Paradai para “romper estereotipos”

Tamén compartirán as súas experiencias profesionais a activista xitana Irene Cortiñas, a policía Silvia Ribeira, a arqueóloga Yolanda Álvarez, a mecánica Mercedes Álvarez, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez e a conselleira de Educación, Carmen Pomar. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CEIP Paradai organizará este venres 6 de marzo unha xornada pensada para rachar cos estereotipos de xénero. Co Día Internacional da Muller ás portas, as alumnas e alumnos coñecerán mulleres referentes en distintos ámbitos profesionais para “visibilizar o potencial que temos cada un de nós sen importar o sexo”.

Así pois, visitarán o colexio a atleta paralímpica Adi Iglesias, a actriz Benedicta Sánchez, a educadora social e activista xitana Irene Cortiñas, a policía Silvia Ribeira, a árbitra de fútbol Tania Fente, a arqueóloga Yolanda Álvarez, a mecánica Mercedes Álvarez, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez e a conselleira de Educación, Carmen Pomar. 

Será o terceiro ano que se leve a cabo a actividade ‘Rompendo estereotipos’ no CEIP Paradai. Noutras ocasións xa os visitaron enfermeiros, políticas, xogadoras de rugbi, axentes forestais, bailaríns, arquitectas ou policías.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...