InicioPolíticaElena Candia di adeus á Deputación, onde Javier Castiñeira a sucederá como...

Elena Candia di adeus á Deputación, onde Javier Castiñeira a sucederá como voceiro do PP

O focego espera poder seguir "o camiño trazado" pola presidenta do PP provincial, que tamén renunciou á alcaldía de Mondoñedo para incorporarse ás listas electorais de cara ao 5 de abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, renunciou esta mañá á súa acta de deputada no Pazo de San Marcos e, polo tanto, a seguir como voceira do grupo provincial do PP na Deputación. No seu lugar, os populares nomearon por unanimidade o focego Javier Castiñeira como voceiro.

Pecho unha etapa cun legado do que me sinto moi orgullosa”, asegurou Candia, que tamén deixa a alcaldía de Mondoñedo para incorporarse ás listas electorais do PP, nas que figura como número 1 por Lugo de cara ao 5 de abril. 

Visiblemente emocionada, nun pleno extraordinario, despediuse do seu labor na Deputación para deixar paso a Javier Castiñeira, que agarda poder seguir “o camiño trazado” pola mindoniense, a “deputada que mellor coñecía a provincia e a propia institución”.

A marcha de Elena Candia tamén abre oco para que entre un novo deputado popular na bancada provincial. Será o concelleiro de Barreiros, José Manuel Gómez Puente.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...