InicioPolíticaO PP acusa a G. Caballero de "ignorante e mentireiro" por dicir...

O PP acusa a G. Caballero de “ignorante e mentireiro” por dicir que Feijóo non fixo nada por Lugo

O voceiro popular, Ramón Carballo, cre que as declaracións do líder do PSdeG responden a un "nervisiosimo" que evidencia que "non as ten todas consigo" de cara ás eleccións do 5-A.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo tacha de “ignorante e mentireiro” a Gonzalo Caballero, candidato socialista á Xunta, logo de que este asegurara na súa visita a Lugo que Feijóo non fixera nada pola cidade. Os populares cualifican as declaracións do líder do PSdeG como “unha sarta de mentiras” que evidencian o “nerviosismo” dun Caballero “non as ten todas consigo” de cara ao 5-A.

O voceiro popular, Ramón Carballo, manifestou que “dicir que Feijóo non fixo nada por Lugo só pode significar que [Caballero] é un ignorante ou que mente de forma maliciosa para sacar un rédito político”. Carballo referíase ás declaracións que fixo onte Gonzalo Caballero na cidade, onde criticou que o presidente da Xunta non inaugurara ningunha obra de relevancia nos seus once anos de goberno.

“DEBERES” PARA LARA MÉNDEZ

Mentres que o socialista presumía de compromiso con Lugo fronte aos “deberes que non fixo Feijóo”, Ramón Carballo recoméndalle que se centre en poñerlle eses deberes á alcaldesa. “Leva anos bloqueando proxectos de futuro para Lugo e investimentos millonarios da Xunta”, sostivo.

De feito, o voceiro do PP recriminoulle a Lara Méndez a súa “cara dura por negar a realidade”, en alusión ás actuacións da Xunta en Lugo. “Hai cuestións que son interpretables, pero cando se trata de algo evidente non se pode dicir que non existe”, asegurou. E, coma quen quere probar verdadeiro o que di, Carballo enumerou algunhas das inauguracións nas que estivo Feijóo. Entre outras, citou a apertura do HULA, o corredor Nadela-Sarria, a remodelación do barrio da Residencia ou a ponte de Paradai.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...