InicioSociedadeA solidariedade dunha comunidade educativa

A solidariedade dunha comunidade educativa

O CEIP Casás, a ANPA e o Club Deportivo Casás recadaron uns 3.000 euros que destinarán á asociación 'Somos Unidos polo Cancro'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CEIP Casás, a Asociación de Nais e Pais deste colexio e o Club Deportivo Casás puxeron en marcha unha campaña de recadación de fondos co gallo do Día Internacional contra o Cancro Infantil, celebrado o pasado 15 de febreiro. A través de distintas actividades, conseguiron xuntar arredor de 3.000 euros que destinarán á asociación ‘Somos Unidos polo Cancro’.

O alumnado do centro argallou un mercado solidario con produtos fabricados polos propios nenos e nenas: dende pulseiras ata soportes para móbiles elaborados cunha impresora 3D. As familias tamén se implicaron no asunto e doaron xoguetes que logo foron postos á venda.

Parte dos beneficios obtivéronse a través dun photocall preparado para a ocasión e cuxos protagonistas foron personaxes infantís como Mickey Mouse, o pato Donald ou Pelón.

OS RESULTADOS

Concretamente, o CEIP Casás recadou 2.551’54 euros, aos que hai que sumar os 261’90 conseguidos polo Club Deportivo Casás e os 283 euros que xuntou a ANPA. A cifra total ascende a 3.096’44 euros, que irán parar á citada asociación lucense contra o cancro.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...