InicioSucesosUnha muller rouba dous reloxos en Lugo mediante o método da 'aperta...

Unha muller rouba dous reloxos en Lugo mediante o método da ‘aperta amorosa’

A Policía Nacional resolveu ambos casos e detivo a autora dos feitos, que ingresou en prisión por unha orde xudicial que tiña pendente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 32 anos foi detida tras ser identificada como a autora de dous delitos realizados polo método do ‘furto ou aperta amorosa’. Ambos roubos producíronse na cidade de Lugo, en zonas moi próximas entre elas: a rúa Ourense e a praza de Ferrol.

Segundo fontes policiais, os feitos ocorreron o día 6 de febreiro. A muller achegouse ás vítimas simulando familiaridade para darlles unha aperta e aproveitar ese instante para roubar os obxectos. En ambos casos, tratábase de cadanseu reloxo.

Unha das vítimas decatouse do furto ao momento, polo que foi detrás da suposta ladroa para recriminarlle a acción. Segundo información da Policía, a autora dos feitos “devolveullo e díxolle que se lle caera ao chan”.

REINCIDENTE

A Policía Nacional puido identificar á autora dos feitos, que xa acumula vintecatro detencións anteriores. Ingresou en prisión en virtude dunha orde xudicial  por feitos que tiña pendentes.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...