Nace unha plataforma en Lugo contra as listas de espera do Sergas

Os mércores de cada semana colocarán unha mesa informativa ás portas do HULA para atender dúbidas dos usuarios sobre os procesos de reclamación.

A plataforma contra as listas de espera colocará unha mesa informativa á entrada do HULA todos os mércores pola mañá | LX

O sindicato CIG-Saúde informou da posta en marcha dunha nova plataforma cidadá contra as listas de agarda do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nela integráronse outros colectivos, como a asociación ‘Con lupa’, pero tamén persoas a título individual.

Integrantes desta plataforma ofrecerán asesoramento semanal no HULA acerca dos procesos de reclamación contra as listas de espera. Así, todos os mércores pola mañá, haberá unha mesa informativa na entrada do hospital para guiar e axudar os usuarios ante a “falta de información que a administración lles ofrece” ao respecto.

Os promotores desta iniciativa sinalan que Todoa plataforma está aberta á participación de todos os colectivos ou persoas que se queiran unir ás reivindicacións.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here