InicioSociedadeAlumnado do CEIP Casás monta un mercado solidario para colaborar con 'Somos...

Alumnado do CEIP Casás monta un mercado solidario para colaborar con ‘Somos Unidos polo Cancro’

Este venres, 14 de febreiro, venderán produtos elaborados por eles mesmos ou xoguetes que doaron as familias. Nesta xornada tamén estarán presentes Mickey Mouse, o pato Donald ou Pelón, con quen os asistentes poderán sacar unha foto ao tempo que realizan un donativo de tres euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional contra o Cancro Infantil. O CEIP Casás de Lugo quixo poñer un grao de area e axudar no proceso de concienciación e sensibilización ante esta enfermidade. Así pois, teñen previstas varias actividades en colaboración coa Asociación Somos Unidos por el Cáncer, colectivo ao que destinarán os beneficios recadados nun mercado solidario ou no photocall disposto para a ocasión.

Horario do mercado solidario do CEIP Casás | LX

Alumnas e alumnos do CEIP Casás porán á venda diferentes produtos que elaboraron eles mesmos. No mercado, que terá lugar este 14 de febreiro, poderán adquirirse pulseiras confeccionadas a man ou mesmo chaveiros e soportes para teléfonos móbiles fabricados cunha impresora 3D. O diñeiro recadado irá parar, integramente, a Somos.

Ademais, nesa feira infantil solidaria tamén se venderán xoguetes que doaron as familias. En caso de que quede algún de sobra trala xornada do venres, será entregado á Unidade de Hospitalización Pediátrica do Hospital Lucus Augusti (HULA).

O horario de atención ao público estará repartido en tres quendas: de 10:00 a 11:00h, de 14:00 a 15:00 e, finalmente, de 17:00 a 21:00h.

MICKEY, DONALD E PELÓN TAMÉN BOTAN UNHA MAN

Amais do mercado, o CEIP Casás tamén organiza un taller de pulseiras solidarias, distintas charlas para o alumnado de Primaria e un flashmob. Outra das propostas estrela ten moito que ver cos debuxos animados e a fotografía. Mickey Mouse, o pato Donald ou Pelón pasearán pola escola por se algún neno ou nena quere ter unha foto cunha destas personaxes infantís tan famosas. Ao mercar a imaxe, estarase realizando un donativo de tres euros para a Asociación Somos.

A directora do centro, Verónica Eiravella, asegura que xa se recadaron uns 700 euros durante os días previos ao mercado, debido a que houbo persoas que adiantaron os cartos para que se puidera conseguir o material do photocall. “E aínda falta o día forte”, di, esperanzada.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...