InicioSociedadeO apuñalamento dun vixilante no HULA revela a "falta de medios" na...

O apuñalamento dun vixilante no HULA revela a “falta de medios” na seguridade dos hospitais

USO dubida que dito suceso se puidera evitar, pero asegura que sería posible "minimizar" as súas consecuencias se o agredido estivese acompañado por outro traballador e se dispuxesen de "elementos de protección efectivos", como un chaleco anticorte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Traballadores da Seguridade Privada de Unión Sindical Obreira (USO) denunciou que o apuñalamento dun vixiante no Hospital Lucus Augusti (HULA) revela “a falta de medios humanos e técnicos na seguridade dos centros hospitalarios galegos”.

Nun comunicado emitido este mércores, o sindicato mostra a súa solidariedade co traballador agredido o domingo, un episodio que, para USO, esixe “unha revisión de persoal” no centro e unha necesidade de dotar de “medios estes profesionais”.

CHALECOS ANTICORTE

Segundo o sindicato, o apuñalamento do vixiante de seguridade “igual non se podería evitar”, pero “si minimizar” as súas consecuencias se o agredido estivese acompañado por outro traballador e se dispuxesen de “elementos de protección efectivos”, como un chaleco anticorte.

Así, USO insta a que este episodio “sirva de punto de inflexión” para aumentar o cadro de persoal de vixilantes, así como os medios de defensa e protección “acordes ao risco que asumen”.

REPUNTE DE AGRESIÓNS

Non se trata dun caso illado”, aseguran. “Existe un repunte de agresións a persoal de seguridade privada con consecuencia de lesións”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...