InicioSucesosDetido por agredir axentes da policía tras morder e golpear unha rapaza...

Detido por agredir axentes da policía tras morder e golpear unha rapaza en Lugo

O home estivo implicado nunha liorta na rúa Tui durante a mañá do pasado domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá en servizo de Radiopatrullas detiveron un mozo despois de agredir e morder unha moza en Lugo. O individuo tamén tentou pegar aos policías que interviñeron no altercado.

Segundo informou a Policía Nacional, o arrestado foi identificado como un veciño de 30 anos da provincia de Lugo, nado en Pontevedra. Foi detido como presunto autor dun delito de atentado a axentes da autoridade, despois de participar nunha liorta na zona dos locais de ocio da Rúa Tui.

As mesmas fontes policiais informaron de que, sobre as 9:00 horas do pasado domingo, unha chamada alertou de que na rúa Tui se estaba a producir un altercado. Así pois, presentouse no lugar unha patrulla de axentes de servizo que estaba nas proximidades. Alí, unha moza xove explicoulles que fora agredida e mordida por un mozo, a quen “non coñece de nada”.

AGRESIÓN AOS AXENTES

Daquela, chegou ao lugar o presunto agresor. Viña “ensanguentado, desaliñado e cun pé descalzo”, segundo relataron os axentes. Ademais, mostraba en todo momento “agresividade” cara aos efectivos policiais alí presentes.

Mentres os policías continuaban coas pescudas para tratar de aclarar os feitos, este mozo “arremete co puño cara aos axentes en dúas ocasións”, motivo polo cal é reducido e detido, non sen antes morder a man dun policía e causar danos no uniforme doutro.

Posteriormente, o mozo foi trasladado a un centro médico para curar as feridas que presentaba. Acto seguido, foi levado aos calabozos á espera de ser posto a disposición xudicial.  Á súa vez, a moza agredida polo detido presentou denuncia do ocorrido.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...