Paralízanse as obras do carril bici no paseo do Rato ata que mellore o tempo

As actuacións retomaranse en primavera e, unha vez ocorra iso, estímase que estean finalizadas no prazo dun mes ou mes e medio.

Lara Méndez e Álvaro Santos a carón do río Rato, onde se construirá o carril bici, un proxecto no que tamén colabora a Deputación.

A Xunta de Goberno da Deputación decidiu suspender temporalmente as obras de acondicionamento do carril bici no paseo do río Rato, en Lugo. Retomaranse cando melloren as condicións climatolóxicas.

A voceira socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, explicou que só queda estender o formigón e rematar o axardinamento e acondicionamento da paisaxe. Para iso, “habería que estender unha capa de resina que precisa dunhas condicións de temperatura e humidade que non se dan nesta época do ano”.

As estimacións dos expertos apuntan a que estas actuacións poderán volver estar en marcha no mes de “abril ou maio”. Unha vez ocorra iso, non restará moito máis ca “un mes ou mes e medio” para a súa finalización, concluíu García Porto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here