Lugo desfrutará esta fin de semana da escola de pilotaxe XiraKarting

Esta actividade deportiva celebrarase no circuito habilitado en Augas Férreas do venres 22 ao domingo 24, con opción a entradas de balde

O responsable de XiraKarting, Francisco González, o voceiro municipal, Miguel Fernández, a vicepresidenta da Federación Galega de Automobilismo, Maite Vilanova, a representante corporativa de Gadisa, Iria Rodríguez

A duodécima edición do XiraKarting fará etapa en Lugo esta fin de semana. Será a partir deste venres 22 e ata o domingo 24, en horario de mañá e tarde, co obxectivo de achegar o deporte do karting a todos os públicos. O circuito instalado en Augas Férreas permitirá a rapaces dende os oito anos e adultos sen límite de idade desfrutar da experiencia de conducir un kart, nunhas xornadas avaladas pola Federación Galega de Automobilismo.

Nun evento realizado este mércores na cidade amurallada, o responsable de Xirakarting, Francisco González, explicou que o evento do motor procura non só a introducción deste deporte, tamén desenvolver as habilidades de conducción das diversas categorías coma paso previo á Rookies Cup. Aspira a ser, segundo a organización, “unha escola de valores e igualdade” que teña continuidade coma canteira de pilotos. A xornada específica de formación, a realizar por profesionais da Federación Galega de Automobilismo o domingo de 12 a 16 horas, é gratuíta e dará acceso á copa de karting para nenos e nenas de 4 a 7 anos.

Para participar na actividade de karting é preciso ter alomenos oito anos, ou as medidas e capacidades psicomotrices abondo para acadar os pedais e conducir con seguridade, a partir de 135 centímetros; os máis pequenos conducirán 5 karts junior con motor Honda de 120 centímetros cúbicos, e a partir de doce anos, disporán de 8 karts de 200 c.c. e 6,5 cabalos de potencia. Para os raparigos que aínda non cumpran cos criterios de idade, haberá 3 karts biplaza Sodikart para que teñan a súa primeira experiencia. Os adultos poderán ser parte do evento sen límite de idade.

O responsable de XiraKarting, Francisco González, o voceiro municipal, Miguel Fernández, a vicepresidenta da Federación Galega de Automobilismo, Maite Vilanova, a representante corporativa de Gadisa, Iria Rodríguez

Dende o venres 22 e ata o domingo 24, en horario de 12.00 a 14.00, e de 16.30 a 21.30 horas, o gran público poderá acceder a unha das maiores plataformas de promoción e formación do automobilismo galego. A entrada de adulto é de 15 euros, e para nenos de 10 euros, con mangas de sete minutos. Con Carné Xove haberá unha reducción de tres euros. Outros descontos e incluso invitacións estarán disponibles nas redes sociais e na web de XiraKarting, e tamén por compras no supermercado patrocinador.

Amais do responsable de XiraKarting, acudiron á presentación o voceiro municipal, Miguel Fernández, a vicepresidenta da Federación Galega de Automobilismo, Maite Vilanova, a representante corporativa de Gadisa, Iria Rodríguez. Estes persoeiros deron a benvida a unha nova edición dun evento deportivo consolidado, que xa pasou por Ourense, e que estará na Coruña, en Vigo e no kartódromo das Pontes en xuño e xullo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here