InicioSociedadeDocentes de Secundaria formaranse en innovación científica no Campus de Lugo

Docentes de Secundaria formaranse en innovación científica no Campus de Lugo

O proxecto 'XuvenCiencia 2020. Fago, logo aprendo' proporá experimentos para que o profesorado os poida trasladar ás aulas e, así, espertar a vocación científica entre a mocidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto ‘XuvenCiencia 2020. Fago, logo aprendo’ bota a andar este venres 10 de xaneiro en Lugo. Farao cunha sesión formativa para o profesorado de ensino medio, que recibirá nocións de innovación científica para logo trasladar ás súas aulas.

O programa XuvenCiencia, impulsado polo grupo de innovación docente homónimo da Universidade de Santiago de Compostela, cita este venres a dúas ducias de docentes no Campus de Lugo. O obxectivo é xerar unha cadea de interese pola ciencia que desemboque nos propios alumnos dos centros escolares e, así, espertar a vocación científica entre a mocidade.

KITS DE INNOVACIÓN DESENVOLVIDOS NO CAMPUS DE LUGO

As actividades desta xornada articularanse a partir de seis kits de investigación desenvolvidos no Campus de Lugo. Traballarase, así, arredor da trazabilidade alimentaria a partir de probas de ADN, a medición de proteína de leite a partir dun fotómetro móbil ou o cultivo de plantas in vitro, entre outras.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...