InicioSucesosAlarma en Lugo ante a proliferación de condutores con elevadas taxas de...

Alarma en Lugo ante a proliferación de condutores con elevadas taxas de alcol

En apenas uns días, a Policía Local interceptou case unha decena de persoas que circulaban baixo os efectos desta droga. Nalgúns casos quintuplicaban a taxa permitida pola lei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O incremento de controis de alcoholemia por parte da Policía Local de Lugo deu como resultado que, en apenas uns poucos días, case unha decena de condutores fosen interceptados cando circulaban con taxas de alcol superiores ás permitidas pola lei. Nalgúns casos eran tan elevadas que a sanción podería levar asociada penas de prisión.

Na madrugada de hoxe, un condutor foi interceptado pola Policía Local cando ía ao volante do seu coche cunha taxa de alcol case catro veces superior á permitida, posto que deu 0,94 miligramos de alcol por litro de aire expirado. A Policía Local instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, do mesmo xeito que o fixo na madrugada do pasado día 7, cando outro condutor circulaba cunha taxa de 0,77 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Iso supón tres veces máis do permitido pola lei, polo que se enfronta a unha posible sanción de tres a seis meses de cárcere.

Asemade, polo menos outros dous condutores deron positivo no control realizado a pasada madrugada, aínda que neste caso a responsabilidade quedará resolta cunha sanción económica e a perda de puntos do seu permiso.

QUINTUPLICABAN A TAXA DE ALCOL PERMITIDA

Os dous casos máis graves das últimas horas súmanse ao doutro condutor que foi interceptado nun control policial establecido o día de Reis nas inmediacións do estadio Anxo Carro. Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron un condutor que, tras ser sometido á proba de alcoholemia, deu unha taxa case seis veces superior á permitida pola lei, polo que foi imputado como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Na primeira proba, dera unha taxa positiva de 1,36 miligramos de alcol por litro de aire expirado, máis de cinco veces superior á permitida pola lei -0,25-. O home foi imputado como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado para que sexa sometido a un xuízo rápido.

Durante a pasada fin de semana, outros tres condutores implicados en accidentes na cidade deron positivo. Foi na Avenida de Benigno Rivera -O Ceao-, na Rúa Mazaira e na Rúa Anduriñas. EFE

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...