InicioSociedadeA Casa dos Mosaicos, protagonista da lotaría de Nadal que vende Lugo...

A Casa dos Mosaicos, protagonista da lotaría de Nadal que vende Lugo Monumental

A asociación de empresarios do casco histórico comeza hoxe coa venda das súas participacións, que terán un custo de cinco euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental comeza hoxe a venda da súa lotaría de Nadal, cuxas participacións deste ano promocionan a Casa dos Mosaicos. Inclúen como motivo principal unha figura do mosaico da Domus Oceani.

Este colectivo de empresarios do casco histórico procura introducir un elemento lucense nos seus boletos de cada ano. Desta volta, a imaxe escollida é da Domus Oceani e foi facilitada polo Concello de Lugo. Deste xeito, recomendan visitar A Casa dos Mosaicos, cuxa entrada é gratuíta e onde se poden ver restos dunha domus de finais do século III ou comezos do IV.

As participacións de lotaría seguirán o seu formato habitual: custarán cinco euros e non terán recargo. Poderanse adquirir en distintos puntos comerciais do centro de Lugo: Ajuar decoración, Carnicería Somoza, Eduri, El Faro de los Tres Mundos, Ferretería Do Barrio, Frutas y Hortalizas Mar, Xoiaría Honorino Freire, La Sucursal, Mantequerías Masari, Medievo, Melfror, Mercarabastos, Miluna, Óptica Callao, Peixeiro – Pepe do 90, Pescados Maripaz e Pío Pío.
.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...