InicioSociedadeO PP de Lugo destaca o "importante apoio" que presta a Xunta...

O PP de Lugo destaca o “importante apoio” que presta a Xunta ás comunidades de montes para a prevención de lumes

A cifra facilitada polo Goberno galego ascende ata os 495.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular da provincia de Lugo emitiu unha nota de prensa destacando o “importante apoio” que a Xunta de Galicia está a prestar ás comunidades de montes para previr incendios forestais.

Estas axudas materialízanse nunha partida de case 500.000 euros que o Goberno galego dirixe a 44 comunidades de montes veciñais, agrupacións, mancomunidades e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), dun total de 14 municipios da zona centro da provincia de Lugo.

A cifra facilitada polo Goberno galego ascende ata os 495.000 euros, que beneficiarán a un total de 44 solicitantes. Con esta subvención 38 comunidades sufragarán os traballos de roza, mentres que as outras catro construirán puntos de auga.

Os populares sinalan que o obxectivo desta convocatoria é “diminuír os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade produtiva dos montes”. O Executivo tamén enfoca esta misión en “garantir a protección adecuada para a fauna, a flora e a paisaxe”, tal e como afirma o comunicado. Os populares lucenses consideran que estas medidas “contribúen a manter limpos os montes de face á prevención de incendios e retardan a propagación de posibles lumes”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...