InicioSociedadeRestriccións na auga potable do HULA ata o sábado

Restriccións na auga potable do HULA ata o sábado

A hipercloración e a falta de auga quente son parte do programa periódico de depuración obligatoria neste tipo de instalacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

As instalacións do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) terán unha restricción importante nas vindeiras xornadas. Entre os días 11 e 15 de xuño recoméndase evitar ducharse ou beber das fontes e grifos das instalacións hospitalarias, e do 13 ao 15 non haberá auga quente.

Fontes hospitalarias confirman que a operación é “algo rutinario” e que se fai varias veces ao ano. A depuración periódica da rede sanitaria de auga realízase en cumprimento do Real Decreto 865/2003 de Prevención nas instalaciones térmicas, coma se fai en hoteis, residencias e demais instalacións compartidas por grandes grupos de persoas, e que por tanto son focos potenciais para a propagación de enfermidades.

Con arreglo ao plan da xerencia do HULA, a depuración terá lugar por bloques, de xeito que o proceso non afectará a todo o centro simultaneamente. Durante a desinfección progresiva de cada bloque, os restantes seguirán a contar con auga quente. O mesmo sucede cos quirófanos.

Os prazos de cinco días para a hipercloración e de tres días para a auga quente obedecen á esta programación progresiva. Poderían variar de comezar antes nun dos bloques, aínda que por precaución o normal sería manter o calendario previsto.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...