InicioLugo e contornaLugoFerraz dá luz verde ao alcalde de Monforte para presidir a Deputación...

Ferraz dá luz verde ao alcalde de Monforte para presidir a Deputación de Lugo

Así o confirmaron fontes socialistas este xoves, xornada na que este órgano reunido en Madrid referendou, ademais, a Valentín González Formoso, Carmela Silva e Rafael Rodríguez Villarino como candidatos á presidencia do resto de institucións provinciais galegas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A comisión federal de listas do Partido Socialista deu este xoves luz verde ao alcalde de Monforte, José Tomé, para que sexa o aspirante a presidir a Deputación de Lugo, un cargo que ata agora ostentaba o rexedor da Pontenova, Darío Campos, quen non será deputado.

Así o confirmaron a Europa Press fontes socialistas este xoves, xornada na que este órgano reunido en Madrid referendou, ademais, a Valentín González Formoso, Carmela Silva e Rafael Rodríguez Villarino como candidatos á presidencia do resto de institucións provinciais galegas.

Tras facerse coa alcaldía nas municipais de 2015 e incrementar o pasado 26 de maio a súa representación de seis a 11 edís e lograr a maioría absoluta, Tomé púxose a disposición do partido para optar ao cargo co obxectivo de abrir unha “nova etapa” a Deputación tras catro anos “moi convulsos”.

Co seu paso adiante, o alcalde de Monforte foi solicitando apoios de edís de toda a provincia, un repaldo tras o que o xa exsecretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos –partidario de Darío Campos— presentou a súa dimisión alegando tamén diferenzas e “mala sintonía” coa dirección do PSdeG encabezada por Gonzalo Caballero.

Con todo, o pasado martes, o rexedor de Monforte desligou a súa candidatura da dirección galega e asegurou que era un proxecto que nacía de “abaixo a arriba”. Ademais, escenificou a súa forza nun acto na sede do PSOE provincial, ao que acudiu acompañado polo alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández; o de Xermade, Roberto García Pernas; o de Pedrafita, José Luís Raposo; o de Castroverde, José María Arias; os deputados provinciais en funcións Pablo Rivera e Pilar García Porto, así como a exrexedora do Incio, Laura Celeiro –está última será a única dos citados que non será deputada, ao ocupar o seu posto Ana González Abelleira–.

Xunto a eles, Tomé presentou os resultados das consultas sobre a representación na institución provincial formuladas aos edís da provincia e, segundo as cales, a súa proposta goza dun amplo apoio en Lugo. Deste xeito, dado o visto e prace de Ferraz, con toda probabilidade, Tomé será o próximo presidente da Deputación de Lugo, institución na que os socialistas volverán necesitar o apoio dos deputados provinciais do Bloque.

Ademais, segundo conformaron a Europa Press fontes socialistas, o Ferraz tamén despexou a incógnita sobre se o partido xudicial de Lugo terá finalmente representación na institución provincial, un posto para o que se postulaba o actual portavoz do ente e exsecretario provincial do PSOE, Álvaro Santos. Finalmente, a representante desta zona será a actual secretaria local do PSOE na cidade, Ana González Abelleira, a proposta do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

OUTRAS PROVINCIAS

A comisión federal de listas, así mesmo, ratificou tamén os nomes dos que serán os deputados polo resto de provincias, nas que referendou as listas propostas polas respectivas organizacións provinciais. Así, na Coruña, provincia na que os socialistas pasaron de oito a 11 deputados, o candidato a presidir a institución provincial será o actual titular en funcións, Valentín González Formoso.

En concreto, serán deputados polo partido xudicial de Ferrol o propio Formoso e Ana Lamas Villar (Ferrol); polo de Betanzos, Bernardo Fernández Piñeiro (Pontedeume); polo da Coruña, José Manuel Lage Tuñas (A Coruña), Cristina Capelán Cancelo (Cerceda) e José Ramón Rioboo Castro (Culleredo).

Ademais, polo partido xudicial de Corcubión, José Manuel Pequeno (Dumbria); polo de Noia, Sandra González Castro (Noia); e, polo de Santiago, Antonio Leira Piñeiro (Oroso), María Milagres Castro Sánchez (Santiago) e Blas García Piñeiro (Ames).

Pola súa banda, en Pontevedra, a candidata á presidencia da deputación volverá ser Carmela Silva, que estará acompañada polos edís da cidade olívica Carlos López Font, Isaura Abelairas e Santos Héctor, que serán deputados polo partido xudicial de Vigo así como Gorka Gómez, Ana Laura Igrexas, Raquel Giráldez, Iria Lamas e Olga García.

No partido xudicial de Pontevedra os elixidos son Gregorio Agís (edil en Poio) e Manuel González (de Caldas de Reis). Pola súa banda, no de Tui será a candidata á Alcaldía de Mos, Vitoria Alonso; mentres que polo partido xudicial de Cambados será deputada Noemi Outeda (O Grove).

Por último, na provincia ourensá, o candidato á presidencia será Rafael Rodríguez Villarino, que será deputado polo partido xudicial de Ourense do mesmo xeito que Margarita Pérez (Barbadás), Susana Rodríguez (Amoeiro), Álvaro Vila (Taboadela) e Elvira Lama (Xinzo). Ademais, polo Carballiño será deputado Diego Fernández; por Ou Barco, Aurentino Alonso; por Verín, Gerardo Seoane; e, por Ribadavia, Ignacio Gómez.

 

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...