InicioMedioambiente e PatrimonioUn dos escasos estudos sobre os caneiros recibe o premio Condado de...

Un dos escasos estudos sobre os caneiros recibe o premio Condado de Pallares

'Percorrido polos caneiros do Miño pertencentes a Guntín de Pallares' rescata este ben patrimonial característico da pesca tradicional

PUBLICADA O

- Advertisement -

A XII edición do Certame de investigación Condado de Pallares recaeu por unanimidade do xurado no traballo titulado Percorrido polos caneiros do Miño pertencentes a Guntín de Pallares.

Yolanda Vázquez resultou gañadora do certame, valorado con 3000 euros, pola orixinalidade do tema, o seu carácter didáctico e a importancia da posta en valor dun aspecto do patrimonio cultural pouco estudado.

O Certame de investigación Condado de Pallares está promovido pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa Dirección Xeral de Políticas Culturais, e ten como obxectivo fomentar o estudo de calquera aspecto relacionado coa cultura, historia e tradicións dos cinco concellos do antigo Condado de Pallares (Chantada, Guntín, Taboada, Portomarín e Carballedo).

O esquecemento dos caneiros

Yolanda Vázquez é mestra de primaria en Guntín | Xunta de Galicia
Yolanda Vázquez é mestra de primaria en Guntín | Xunta de Galicia

Os caneiros, pesqueiras ou pescos, son similares a unha presa que se constrúe en diagonal no curso dun río, desde onde se pesca ou coa que se desvía a auga para poder pescar. É unha construción tradicional ligada á hidráulica que se remonta á época romana. Están presentes en toda a xeografía galega, aínda que especialmente no río Miño.

En 1908, atopáronse 700 pesqueiras nun treito de 25 quilómetros do baixo Miño. A construción do encoro de Belesar a comezos da década dos sesenta impediu o paso das especies migradoras –anguía, a troita ou o salmón–, rematando coa utilidade dos caneiros, que co paso do tempo están desaparecendo pola falta de mantemento.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...