InicioCulturaOs oficios tradicionais reviven na XV Festa Artesanal de Pallares, en Guntín

Os oficios tradicionais reviven na XV Festa Artesanal de Pallares, en Guntín

Xosé Luís Vázquez Somoza, profesor no IES Lucus Augusti, será o pregoeiro desta décimo quinta edición. Ourives, cesteiros, ferreiros ou oleiros serán algúns dos artesáns que fagan demostracións do seu traballo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Festa Artesanal de Pallares celebra a súa décimo quinta edición o vindeiro 11 de agosto no concello de Guntín. O mosteiro de Ferreira de Pallares será o escenario onde ourives, ferreiros, cesteiros ou oleiros amosen os segredos destes oficios tradicionais.

Esta nova convocatoria vén de presentarse no Pazo de San Marcos, en Lugo, xa que a Deputación colabora activamente coa súa celebración. Cunha achega de 3.000 euros, o obxectivo é poñer en valor a artesanía,  “dinamizar a economía local e fomentar o turismo no interior da provincia”, tal como dixo a deptuada Pilar García Porto.

O programa recolle diversas actividades ao longo do día, entre as cales destaca o pregón a cargo de Xosé Luís Vázquez Somoza, coñecido profesor de Lingua e Literatura galega no IES Lucus Augusti. El foi, ademais, un dos membros fundadores da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares.

Para ler a información completa, podes acceder ao Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...