Falece un home en Friol atrapado baixo o tractor

O finado na parroquia de Ousá, en Friol, levaba dende a tarde do luns desaparecido e foi localizado polos propios familiares, que avisaron os servizos de emerxencia

O corpo sen vida do desaparecido en Friol foi atopado polos familiares, que deron aviso os servizos de emerxencia | Xunta de Galicia
O corpo sen vida do desaparecido en Friol foi atopado polos familiares, que deron aviso os servizos de emerxencia | Xunta de Galicia

Un home faleceu en Friol asoballado baixo o tractor co que operaba. A familia procuraba o finado dende a tarde do luns, atopándoo xa sen vida na mañá do martes na parroquia de Ousá.

A propia familia achou o corpo do finado cara as 6.30 horas, dando aviso os servizos de emerxencia. Así o comunicou o persoal do 061 desprazado á central do 112 Galicia, indicando que o home estaba atrapado baixo o tractor nunha leira no termo municipal de Friol, polo que era preciso empregar material de excarceración.

Dende o 112 requeriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, rapidamente mobilizados ata o lugar, e solicitouse a colaboración de axentes da Garda Civil, do GES de Guitiriz e de Protección Civil de Friol.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here