InicioCulturaDescubertos novos petroglifos e mámoas en Friol, mentres aparece unha mámoa arrasada...

Descubertos novos petroglifos e mámoas en Friol, mentres aparece unha mámoa arrasada por maquinaria pesada

Patrimonio dos Ancares tamén denuncia que a destrución total dunha mámoa por maquinaria pesada noutra parroquia deste concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Patrimonio dos Ancares acaba de localizar un grupo de petroglifos e unha mámoa sen catalogar preto do caserío de A Cabana, na parroquia de Carlín, en Friol.

E no Monte do Campo, aldea de Todón, parroquia de Narla, apareceu outra mámoa coñecida dende antigo polos veciños como Medorra do Francés sobre a que plantaron eucaliptos. Estes achados xa lle foron comunicados a Patrimonio para que os cataloguen.

Denuncias

Por outra banda, este colectivo denuncia un novo atentado contra o patrimonio arqueolóxico. Desta volta trátase da necrópole megalítica da Gándara de Espiñeira, na parroquia de Narla (Friol). Trátase dun ben cataloado, de máis de 20 metros de diámetro e 1,50 de altura, que sufriu gravísimos danos producidos por maquinaria pesada.

A metade da mámoa foi practicamente arrasada, ocasionándolle unha profunda gabia de máis de medio metro de profundidade e uns catro metros de ancho. Na outra metade había varios piñeiros que foron cortados o que provocou que se removera parte do xacemento. Tamén removeron o anel peristalítico que arrodeaba a mámoa (o anel peristalítico, unha especie de zócalo, está composto por pequenas pedras que rodeaban e encerraban o túmulo pola base). Xa se presentou a denuncia ante Patrimonio.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...