InicioLugo e contornaCastroverdeCastroverde renderá homenaxe ao escultor Paco Pestana, falecido en Lugo o pasado...

Castroverde renderá homenaxe ao escultor Paco Pestana, falecido en Lugo o pasado luns

"Sempre levou a Castroverde e ás súas parroquias no seu corazón", remarcou o alcalde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Castroverde renderá unha homenaxe ao escultor Paco Pestana, falecido na noite do luns 11 de outubro no seu domicilio de Lugo, aos 72 anos de idade.

O alcalde deste municipio, José María Arias, lamentou o falecemento de alguén que “era un símbolo para todos os veciños de Castroverde”. “Era unha persoa coa que gozabas porque te sentías ben”, destacou.

Arias describiu ao artista “multidisciplinar” como “unha persoa alegre, independentemente de que era un bo poeta e un bo escultor”. “Tiña moitas facetas e unha das grandes facetas del era que non che aburría, sobordaba e transmitía felicidade e alegría ás persoas. Era unha persoa coa que non te aburrías e pasábalo francamente ben”, eloxiou deste veciño de Castroverde.

Así mesmo, José María Arias puntualizou que non se decretou “loito oficial”, no municipio. “Hai uns días fixémoslle fillo predilecto” do Concello, lembrou. “Quedamos todos en shock”, confesou o alcalde.

Con todo, avanzou Arias que deixarán “pasar uns días” e verán “dalgunha forma de seguir rendéndolle unha homenaxe a unha persoa que o merecía”. “Sempre levou a Castroverde e ás súas parroquias no seu corazón”, concluíu o alcalde deste municipio.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...