InicioMedioambiente e PatrimonioUn roteiro para desfrutar da contorna natural do río Tórdea, en Castroverde

Un roteiro para desfrutar da contorna natural do río Tórdea, en Castroverde

ADEGA e Amigos do Patrimonio de Castroverde colaboran na organización dun itinerario que discorre a carón de árbores senlleiras, a Vía Romana XIX ou xacementos arqueolóxicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo ADEGA continúa coa posta en valor do medio natural e organiza un roteiro pola contorna do río Tórdea, en Castroverde. O itinerario discorrerá polas parroquias de Furís e San Miguel de Páramo, de xeito que os asistentes desfrutarán de carballeiras e soutos con árbores centenarias, igrexas, xacementos arqueolóxicos ou mesmo dun treito da Vía Romana XIX.

ADEGA organiza este percorrido da man da asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, no marco do programa ‘Tecendo redes’. A ruta, cunha lonxitude de 17 quilómetros e un desnivel de 300 metros, ten unha duración aproximada dunhas catro horas e media. Comezará na igrexa de Santo Estevo de Furís, dende onde se botará a andar por camiños rurais sen asfaltar que conducen ata puntos de grande interese ambiental, como a carballeira de Furís ou os afluentes do río Tórdea.

A pé do camiño, tamén se atoparán bens patrimoniais cun importante valor histórico: xacementos arqueolóxicos (como o castro de Arrubial), igrexas, capelas, cruceiros, construcións etnográficas (muíños e fontes) ou a Vía Romana XIX.

As persoas interesadas deben reservar a praza antes do xoves 16 de xaneiro ás 14:00 horas, no teléfono 982 24 02 99 ou a través desta web.

 

 

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...