InicioLugo e contornaLugoO PSOE de Rábade impugna o censo electoral das municipais tras un...

O PSOE de Rábade impugna o censo electoral das municipais tras un aumento “significativo” de votantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE de Rábade impugnou o censo electoral do concello para as próximas eleccións municipais ante o incremento de residentes “significativo” e “inxustificado”.Tras facer o propio para as eleccións xerais, os socialistas tomaron esta decisión despois da advertencia da Oficina do Censo Electoral ao Concello de Rábade polo aumento de potenciais votantes durante o mes de xaneiro deste ano.

O secretario xeral da agrupación socialista en Rábade, Miguel Vilar, remarcou que actúan para “protexer a limpeza do proceso“, “tras a anulación de 15 posibles votantes en Rábade por parte da Oficina do Censo Electoral para as eleccións xerais e o sospeitoso aumento do censo durante o mes de xaneiro”.

Neste sentido, Vilar espera que se dite resolución e se ordenen as rectificacións pertinentes no censo de Rábade para as municipais con base nos resultados dos informes e inspeccións.

Hai unhas semanas tamén o actual rexedor, o independente Francisco (Kiko) Fernández Montes anunciou que ía impugnar o censo tras detectar tamén un aumento inxustificado no censo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...