Agredidos uns policías tras intermediar nunha agresión machista

Foron os dous membros da parella, home e muller, os que os atacaron.

(Arquivo) Unidade do Corpo Nacional de Policía | Contando Estrelas
(Arquivo) Unidade do Corpo Nacional de Policía | Contando Estrelas

Tres axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) que o pasado domingo interviñeron para evitar unha suposta agresión machista no interior dunha vivenda na rúa Mariscal Pardo de Cela, na zona de Fingoi, en Lugo, foron agredidos polos dous membros da parella cando accederon ao interior da vivenda por unha xanela.

Os axentes desprazáronse a ese domicilio despois de que os veciños alertasen xa que, polos berros que se escoitaban no interior da vivenda, puidera estarse a producir unha agresión machista.

Fontes policiais explicaron a EFE, que os axentes escoitaron o “escándalo” que había no interior do piso, polo que chamaron á porta e identificáronse, pero ninguén abriu. Cando finalmente lograron acceder ao interior da casa, os dous mozos que supostamente se estaban pelexando entre eles agredíronos e increpáronos.

Os dous foron detidos, ela por atentado a axente da autoridade e el, ademais, por un suposto caso de violencia de xénero. Ambos, segundo as mesmas fontes, son “vellos coñecidos” da policía, onte pasaron a disposición da Xustiza e quedaron en liberdade con cargos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here