InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo deixa de lado o concello para recuperar a...

O PP de Lugo deixa de lado o concello para recuperar a deputación que é a súa “prioridade”

Elena Candia di que “un puñado de votos por Partido Xudicial” poderían decantar o goberno desta institución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, recoñeceu que recuperar o goberno da Deputación é hoxe un obxectivo posible para o seu partido. De feito, a líder do PP na provincia deu a entender que está máis doado para o seu partido volver a esta institución que ao Concello de Lugo.

En declaracións á Cadea Cope, Candia subliñou que haberá que traballar por toda a provincia até o día das eleccións, porque “por un puñado de votos” pódese “conseguir un deputado máis” nun Partido Xudicial que decante a maioría na corporación provincial. Ademais, non tivo reparos en suliñar que “recuperar o goberno da Deputación” é un obxectivo prioritario para o Partido Popular, ao que se lle está “dedicando o maior tempo posible”, tratando, ademais, de que esa presenza “sexa eficiente”, sen que

“A provincia é moi longa”, dixo Candia, pero “queremos chegar a todos os concellos, porque ningún é prescindible“. De feito, lembrou que “por un puñado de votos podemos conseguir un deputado máis nun dos partidos xudiciais”, que ao cabo pode ser decisivo para conseguir a maioría absoluta na corporación provincial -da que o PP se quedou a tan só un deputado nas últimas convocatorias-.

Estas declaracións chegan logo da polémica suscitada entre Candia e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, sobre quen sería o futuro presidente provincial no caso de que ao PP lle dean os números para chegar á deputación. Tras a decisión de Balseiro de retirarse puntualmente, Candia quixo “agradecer as súas palabras”, pero lembrou que o partido ten que estar centrado en sumar os votos necesarios para volver gobernar, que é “o que toca agora”

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...