InicioLugo e contornaLugoConvocan unha manifestación en Lugo de apoio a Pilar de Lara

Convocan unha manifestación en Lugo de apoio a Pilar de Lara

A Plataforma Cidadá contra a Impunidade do Caso Carioca rexeita de plano a sanción contra ela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Cidadá contra a Impunidade do Caso Carioca convocou unha concentración de apoio, que terá lugar o vindeiro mércores -día 3 de abril- ás 20:00 horas diante do edificio dos Xulgados de Lugo, “en apoio ao traballo da xuíza” Pilar de Lara e “en contra das desproporcionadas medidas disciplinarias adoptadas contra ela”.

En rolda de prensa, a plataforma expresou o seu “apoio e agradecemento á figura de Pilar de Lara“, instrutora da Operación Carioca, unha causa aberta para investigar a existencia dunha suposta trama ilegal de proxenetismo na provincia de Lugo na que supostamente estaban implicados axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

A plataforma considera que a xuíza “traballou arreo, con recursos limitados e sen ceder ante as distintas presións externas recibidas e mesmo ameazas contra a súa integridade persoal”.

Por iso, este colectivo rexeita “de plano” a sanción que o Consello Xeral do Poder Xudicial quere aplicar á xuíza, sete meses e un día de suspensión, o que implicaría a perda de destino e, consecuentemente, a súa retirada do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

SANCIÓN “DESPROPORCIONADA”

Desde o seu punto de vista, é “desproporcionada e ten a clara intencionalidade de apartala dos Xulgados de Lugo”. Para este colectivo “é inxustificable que se pretenda impor un castigo de tal calibre á xuíza Pilar de Lara por algo tan corrente, até o punto de que é un mal endémico do sistema xudicial, como é dilación na instrución de macrocausas”.

“E menos baixo a acusación de escasa actividade instrutora, cando está máis que documentado que a actividade de investigación desta xuíza nas causas nas que estivo e está á fronte é inxente, con sumarios tan voluminosos como os de calquera xulgado central, pero coa terceira parte de persoal funcionario” do que teñen ese tipo de unidades, engade.

Ademais, a plataforma lembra que o cambio de maxistrado nas pezas do Caso Carioca “a estas alturas” suporía un maior atraso na finalización da instrución.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...