Feridas dúas persoas tras chocar dous vehículos en Begonte

Traballos de excarceración por parte dos bombeiros de Vilalba | IMAXE DE ARQUIVO
Traballos de excarceración por parte dos bombeiros de Vilalba | IMAXE DE ARQUIVO

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na noite deste xoves ao chocar dous coches no termo municipal de Begonte. Segundo informou o 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba tras quedar atrapada no interior dun dos vehículos.

O sinistro tivo lugar no quilómetro 3 da estrada LU-541 pasadas as 21,15 horas deste xoves. Foi persoal sanitario quen comunicou 112 Galicia que unha ambulancia se desprazaba o lugar do accidente.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou do sucedido, ademais da os bombeiros, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento de vía. Unha vez liberada a persoa atrapada, os servizos sanitarios encargáronse da evacuación dos feridos.