InicioLugo e contornaLugoA líder de C's en Galicia abre a porta a un pacto...

A líder de C’s en Galicia abre a porta a un pacto co PSOE ou PP pero péchalla a Vox

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. A portavoz do grupo municipal e previsible candidata de Ciudadanos á Alcaldía de Lugo, Olga Louzao, asegurou que nunca sentará a negociar con Vox para formar un hipotético goberno local de coalición nas próximas eleccións municipais, porque é un partido “co que non ten nada en común“.

En declaracións a EFE, Louzao dixo que “Vox aínda non ten lista neste municipio”, pero en todo caso afirmou que se trata dun partido “completamente afastado da realidade que vivimos e con postulados totalmente diferentes do que pensamos no grupo municipal de Cidadáns Lugo”.

“Polo que a min respecta, Olga Louzao, que poderá ser a candidata de Ciudanos ás próximas eleccións municipais, non se vai a sentar nunha mesa cun partido co que non ten nada en común”, sinalou. Louzao si deixou a porta aberta a un posible acordo co PP ou co PSOE, en función dos resultados electorais.

“Ciudadanos sempre se vai a sentar nunha mesa con aqueles partidos cos que pode ter coincidencias programáticas e, neste caso, non estamos pechados a que ningún partido, como son o Partido Popular ou o Partido Socialista, senten nunha mesa cando Cidadáns teña que liderar o próximo goberno municipal”, concluíu.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...