InicioLugo e contornaLugoJosé Blanco: "A miña carreira política rematou"

José Blanco: “A miña carreira política rematou”

Nega ter feito un pacto de silencio co PP sobre o accidente de Angrois.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O eurodeputado socialista José Blanco asegurou este domingo que a súa carreira política terminou e que non volverá a ela, aínda que precisa que “hai vida máis aló da política”.

Nunha entrevista con La Voz de Galicia, o tamén exministro de Fomento, exportavoz do Goberno e ex vicesecretario xeral do PSOE, entre outros cargos, asegura entender a súa exclusión das listas ao Parlamento europeo e lembrou que antes o fixo el, aínda que lle gustou seguir unha lexislatura máis.

“Dicir que non me gustou continuar sería faltar á verdade”, agregou Blanco, para engadir que entende que o partido busque renovar as candidaturas, decisión que respecta. Tras agradecer aos que o nomearon nos diferentes cargos que ocupou no partido e no Goberno, móstrase disposto a axudar á vitoria dos socialistas nas próximas eleccións porque “hai que facer fronte á involución que vexo vir”.

Resalta “con orgullo” a súa contribución “ao impulso das grandes infraestruturas” de Galicia e servir ao país cando tivo a oportunidade. Blanco desvelou que nun encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en 2009, comunicoulle que tiñan a oportunidade de impulsar as infraestruturas en Galicia e precisoulle que nunca ía ser candidato á Presidencia da Xunta. Segundo di, Feijóo non lle creu e no seu partido “tampouco”.

ANGROIS

Engade que non vai escribir as súas memorias e afirma que se equivocou cando trasladou ao seu partido que non vía conveniente crear unha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois, asunto polo que xa pediu desculpas e sobre o que nega que houbese un pacto de silencio co PP.

Respecto das causas dese accidente ferroviario que lle custou a vida a 80 persoas e outras 144 resultaron feridas, Branco remítese á investigación, aínda que defende que “nin as présas nin acurtar prazos” provocárono.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...