InicioCulturaLugo, capital do teatro universitario e das curtometraxes

Lugo, capital do teatro universitario e das curtometraxes

3 compañías galegas e unha leonesa protagonizan o XXV Festival de Teatro Universitario no Lugo Cultural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O teatro e o audiovisual encherán as rúas de Lugo. Será grazas ao Festival de Teatro Universitario e á IV edición da Findecurta que terán lugar dende o 26 ao 30 de abril, unha iniciativa audiovisual para o impulso de novos creadores na provincia.

Este evento reunirá a diferentes compañías de Galicia, inclusive a unha compañía de León, e que dedica xornadas á exposición dos microproxectos nos que traballan estudantes de teatro que se atopan fóra de Lugo. Todas as actuacións do Festival de teatro Universitario terán lugar no Auditorio Gustavo Freire. A entrada é libre salvo para a actuación da Casa de ilusións.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto o Adxunto a Vicerreitoría do Campus de Lugo, Jesus Varela, e a Técnica Especialista en actividades Culturais da USC, Paloma Lugilde, presentaron este xoves este ciclo que está enmarcado dentro do programa Lugo Cultural, o convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e Universidade de Santiago.

As entradas recóllense na oficina de cultura da vicerreitoría de coordinación o día 22 de marzo de 10:00 horas a 14:00 horas (máximo 2 por persoa).

FUNCIÓNS

    • O martes 26 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Aula de Teatro da USC de Santiago de Compostela coa obra A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour de Roberto Salgueiro.
    • O venres 29 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación do Teatro el Mayal da Universidade de León coa obra Aquí en la tierra a cargo de Javier R. de la Varga.
    • O sábado 30 de marzo ás 20:30 horas, o domingo 31 de marzo ás 18: 00 horas e ás 20:30 horas e o luns 1 de abril ás 10:30 terá lugar a actuación da compañía de teatro da USC de Lugo coa obra Casa de ilusións dirixida por Paloma Lugilde.

 

  • O luns 1 de abril ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Compañía Maricastaña da Aula de Teatro de Ourense coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse dirixido por Fernando Dacosta.

 

FINDECURTA

A IV edición da Findecurta terá lugar do 26 ao 30 de abril. As persoas que queiran participar neste certame audiovisual para o impulso de novos creadores, teñen que inscribirse do 22 de marzo ao 23 de abril na Oficina de Cultura na Vicerreitoría de Coordinación, de 9:00 a 14:00 horas, ou enviar un correo electrónico co pdf a cultura.lugo@usc.es. As bases e a ficha de inscrición na www.lugocultural.gal. Máis información no 982821513.

OUTRAS ACTIVIDADES

O mércores 27 de marzo ás 18:00 horas e as 20:30 horas no auditorio Gustavo Freire terá lugar un encontro coa compañía de teatro da USC de Lugo. Ás 21:00 horas no fondo da Praza Maior terá lugar unha intervención na rúa dos teatreiros e teatreiras de Lugo e a lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro creado por Carlos Santiago.

O xoves 28 de marzo ás 12:30 no Auditorio Gustavo Freire terá lugar o ensaio xeral e coloquio da Casa de ilusións (aforo limitado).

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...