InicioLugo e contornaLugoPrimeira vitoria xudicial do Concello de Lugo contra un policía local que...

Primeira vitoria xudicial do Concello de Lugo contra un policía local que non quería reforzar o operativo de San Froilán

A Xustiza tomba o recurso da CSIF validando os reforzos da Policía Local decretados polo Concello para as festas de San Froilán. Alega que "a maioría dos axentes que estaban anotados como reforzos voluntarios nas listas optaron por retirarse en bloque tan só uns días antes”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo dictou unha sentenza na que valida os decretos de reforzo obrigatorio das quendas ordinarias da Policía Local aprobados polo Concello durante as festas patronais de San Froilán do pasado ano co fin de garantir o bo desenvolvemento das mesmas.

Este ditame xudicial tomba un recurso presentado por un policía local, delegado sindical da CSIF, e nel a xuíza resolve que os decretos de reforzo “son axeitados ao ordenamento xurídico”, e están “perfectamente motivados en canto á necesidade, urxencia e imprevisibilidade dos servizos obrigatorios que tiveron que impoñerse para cubrir o servizo extraordinario en orde a garantir a seguridade da cidadanía durante a celebración das mencionadas festas, onde a Policía Local é unha parte imprescindible xunto co resto dos corpos e forzas de seguridade”.

Segundo informa o concello nun comunicado, o axente, que recorreu os servizos extraordinarios que o Concello lle ordenou os días 3, 4 e 8 de outubro de 2018, alegou falta de previsión por parte da Administración local cando se trata de festas programadas de ano en ano. Sen embargo, a xuíza, recollendo os propios argumentos expostos no informe do entón xefe da Policía Local para xustificar os reforzos, lembra que se descarta “que se poida achacar á Administración unha falta de previsión” porque “a maioría dos axentes que estaban anotados como reforzos voluntarios nas listas optaron por retirarse en bloque tan só uns días antes”.

“GARANTIR A SEGURIDADE DAS FESTAS”

“Isto foi o principal motivo polo que o xefe da Policía Local solicitou á Alcaldía a necesidade de arbitrar as medidas necesarias para garantir a seguridade nas festas”, asegura a xuíza. “Ante esa inesperada situación ocorrida” –a retirada en bloque dos axentes da lista de voluntarios- “que determinou a insuficiencia de efectivos para garantir a seguridade das festas, o establecemento de servizos obrigatorios foi a única alternativa posible”, engade.

O xulgado considera probado igualmente o carácter “urxente e de necesidade ineludible” das resolucións; nega falta de obxectividade, proporciononalidade e igualdade na asignación por traballadores, días e quendas dos servizos extraordinarios; e rexeita tamén que fose necesaria a negociación colectiva porque “o establecemento dunhas xornadas obrigatorias no suposto puntual e excepcional que tratamos non tivo repercusión de modo permanente nas condicións de traballo dos funcionarios, que seguen sendo as mesmas, e precisamente as circunstancias que deron lugar á fixación dos servizos extraordinarios exclúen a posibilidade de someter a dito extremo a negociación”.

O axente demandante reclamaba unha indemnización por dano moral polos servizos asignados forzosamente en xornadas nas que lle tocaba descansar que o xulgado tamén denega porque o establecemento dos reforzos “foi axustado a dereito” e, en calquera caso, “non concorre culpa ou neglixencia” da Administración, “requisito imprescindible para acceder á indemnización”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...