InicioLugo e contornaLugoO Goberno socialista acusa ao PP de pasar unha "década boicoteando" proxectos...

O Goberno socialista acusa ao PP de pasar unha “década boicoteando” proxectos en Lugo

Critica ao candidato do PP en Lugo por pedirlle agora a Sánchez que faga o que o PP non fixo en sete anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acusou o candidato do Partido Popular á Alcaldía da capital lucense, Ramón Carballo, que foi o seu antecesor no cargo durante os mandatos de Mariano de Rajoy, de esixirlle agora ao Executivo de Pedro Sánchez que faga o que “o PP pasou case unha década boicoteando”.

Rodríguez fixo estas declaracións despois de que onte o candidato do PP presentase un “decálogo” de supostos incumprimentos do Goberno de Pedro Sánchez coa cidade e a provincia de Lugo durante o nove meses de xestión do Executivo socialista.

A Subdelegada preguntoulle a Ramón Carballo “onde estaba cando o seu partido maltratou a Lugo” e que fixo “para impedir que o Partido Popular torpedease proxectos como a intermodal”, ao deixar nun caixón todo o traballo que deixara feito o ministro José Blanco no ano 2011.

“Onde se agachou cando o seu Goberno negábase a inspeccionar a Ponte Branca”, insistiu Rodríguez, en referencia á negativa de Fomento a supervisar a nova ponte sobre o río Miño. “Recoméndolle ao candidato Carballo que sexa menos atrevido. Despois de facerlle perder sete anos a Lugo, hai que ser ben atrevido para sacar peito diante dos cidadáns”, conclúe.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...