O PSOE lugués anuncia que seguirá traballando e agarda que os cambios na lista non foran por “decisións orgánicas” da dirección

Sonsóles López Izquierdo di que leva o "ADN" do PSOE no sangue e lembra que foi o seu pai quen fundou as estruturas do actual socialismo lucense no ano 1975.

Álvaro Santos, voceiro socialista, conversa co nacionalista Antonio Veiga (dereita) e as compañeiras de filas Pilar García Porto e Sonsoles López Izquierdo (esquerda) | Óscar Bernárdez
Álvaro Santos, voceiro socialista, conversa co nacionalista Antonio Veiga (dereita) e as compañeiras de filas Pilar García Porto e Sonsoles López Izquierdo (esquerda) | Óscar Bernárdez

O secretario provincial do PSOE, Álvaro Santos, e a deputada provincial de Promoción Económica pediron respecto ás direccións galegas e federais sobre a decisión dos militantes da provincia, tras a modificación das listas ás Xerais. Así, a dirección Federal, a instancias da Galega que dirixe Gonzalo Caballero, modificou a candidatura orixinal e situou de cabeza de lista á concelleira en Lugo Ana Prieto, e non a elixida polas bases, Sonsoles López.

Ante esta decisión, Santos dixo que “non vai a opinar” dela pero quixo deixar claro que as medidas que se tomen neste partido teñen que ser “polo ben da cidadanía e do partido” e non polo ben dos órganos directivos do mesmo.

“Espero que as decisións non se tomaran en clave orgánica, porque sería un verdadeiro erro que se adoptasen decisións pensando na organización e non pensando na cidadanía”, á que teñen que “servir”. En todo caso, quixo deixar claro que asumirán “as decisións que toman os órganos que corresponden”, aínda que “a partir de aí non participará da hipocrisía da política”.

“ADN” SOCIALISTA

Tamén Sonsoles López Izquierdo, asegurou que, a pesar da decisión, seguirá traballando por un partido que está no seu “ADN”, a pesar de ser relegada á segunda posición da candidatura por decisión de Ferraz. “Levou aquí toda a vida, desde que os meus pais no ano 75 axudaron a formar o partido na provincia. Mamei campañas e levo a ideoloxía nas veas. Iso non desaparece por unha opinión dispar”, aclarou.

López Izquierdo quixo expresar “o seu agradecemento aos militantes” que a apoiaron, ademais de comunicar a súa intención de “seguir” traballando no Partido Socialista e para conseguir un segundo deputado no Congreso pola provincia de Lugo, dado que ela é a segunda da lista, xusto por detrás de Ana Prieto.

“Hai que seguir traballando, o ADN socialista esta aí”, engadiu López Izquierdo, quen tamén dixo que son aqueles que toman as decisións quen teñen que explicarllas aos militantes.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here