“Matóns” vinculados á ultradereita ofrécense para desaloxar aos okupas do barrio das Gándaras

Traballan para a empresa "Desokupa" que foi xa denunciada polos seus métodos violentos.

Integrantes de Desokupa, un grupo que se encarga de botar a okupas / elideal

A propietaria dunha vivenda ocupada desde hai dous meses no barrio das Gándaras, Margarita Reguera, anunciaba este venres que a próxima semana agarda a visita de membros da empresa ‘Desokupa’, cuxo xerente se ofreceu a liberar a súa casa e, ademais de “forma gratuíta”.

En declaracións a EFE, a propietaria precisou que o responsable da empresa se puxo en contacto con ela a través das redes sociais e, posteriormente, falaron por teléfono. Eu deixeilles o meu número e chamáronme“, precisou. Segundo lle informaron, están “a reunir aos seus compañeiros” e consultando o seu caso “co gabinete de avogados”, antes de actuar. “Supoño que a semana que vén virán, quedaron de chamarme o luns, pero non sei exactamente que día”, aseguraba a muller.

QUE É DESOKUPA?

“Desokupa. Empresa especializada en desempleos de pisos ocupados a la fuerza y ​​sin contrato de alquiler, métodos legales, en menos de 72 h recuperamos la vivienda, a toda la península. Eficacia en más del 90 por ciento de los casos”.

Así era como se anunciaba hai algún tempo esta empresa. Unha empresa que leva tempo no punto do mira polas súas tácticas cualificadas por algúns colectivos sociais como de “matóns” e de “fascistas”. De feito, medios como El Salto teñen publicado a vinculación dalgún dos membros de Desokupa coa ultradereita, con grupos paramilitares dos países do este e con grupos filonazis.

Jivko Ivano, integrante de Desokupa, e vinculado á ultradereita e ás milicias de países do Este / El Salto

TÁCTICAS

Segundo Desokupa, o 95% dos casos resólvense con éxito e case todos en menos dunha hora. O seu método, segundn teñen publicado varios medios, é sinxelo. Varios membros da empresa acudan á casa okupada e fan tarefas de vixiancia. Tentan convencer con xeitos pouco ortodoxos aos okupas de que negocien cos propietarios e marchen da vivenda.

Senón hai acordo entón teñen dúas solucións. Agardan a que os inquilinos marchen para cambiar as pechaduras e reocupar a vivenda ou directamente realizan tarefas que algúns colectivos cualifican de “tácticas de opresión e instigamento”. De feito, moitos dos seus membros son ex militares ou persoal que ven da seguridade privada.

Segundo El Confidencial, o Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (DESC), iterpuxo denuncias criminais contra Desokupa por algunha das súas actuacións. Tamén a a Asamblea do Raval, o órgano veciñal deste emblemático barrio barcelonés. Estas entidades denuncian a virulencia dalgúns dos seus membros.

De feito, durante un tempo, houbo unha campaña social en contra deles. STOPDESOKUPA. O seu obxectivo era”visibilizar e combater a contratación de matóns por parte dos propietarios especuladores, quen para alcanzar os seus intereses económicos pasan por encima dos dereitos e as necesidades das persoas, contratando a sicarios que utilizan a intimidación e a forza para botar á xente da súa casa”.

2 COMENTARIOS

  1. Se as chamadas Forzas da Orde e as expeditivas- en casos como o de Catalunya -Instancias Xudiciais ollan para outro lado, están a dar-lle azos a este tipo de organizacións e a xente, desesperada, botará man delas….esto tamén seria traducibel ao ámbito político…así que moito coidadiño co lume….

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here