Agudízase o conflito entre Concello e policías coa apertura de novos expedientes

O Concello de Lugo tramita novos expediente disciplinario a tres policías locais por non acudir como reforzos. A alcaldesa di que non está disposta a "tolerar" determinados comportamentos,

Efectivos da Policía Local / CLM24

O Concello de Lugo anunciou este venres a apertura dun expediente disciplinario a tres policías locais por “non presentarse no seu posto de traballo como reforzos dos seus compañeiros de quenda normal” a pesar de recibir a notificación pertinente.

Os reforzos, explica o Concello, foron decretados en atención das “circunstancias especiais” que concorrían en cada un dos casos, sempre relacionadas coa celebración na cidade de eventos que obrigaban a iso ao ser claramente insuficientes os efectivos cos que contan as quendas de traballo ordinarios”.

O concello considera que estas ausencias poden ser cualificadas de faltas “moi graves” ou “graves” segundo a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia. Por outra banda, o Concello de Lugo activou este venres a tramitación dos expedientes disciplinarios a seis oficiais da Policía Local que, segundo denunciou Lara Méndez, insultárona durante unha reunión con motivo da reorganización de efectivos.

INSULTOS CONTRA A ALCALDESA

O encontro finalizou sen resultado e con polémica, segundo relatou a propia Méndez en rolda de prensa, durante a que denunciou a actitude dos oficiais durante a reunión, na que se dirixiron “con insultos” aos representantes municipais.

“Despois de tentar expor para facer unha motivación desta proposta (sobre reorganización do servizo), despois de interromper a miña intervención na que quixen expor a motivación e logo a proposta de reorganización, interromperon a miña intervención, e mesmo se dirixiron a nós con insultos”, asegurou.

O delegado da CSIF na Policía Local de Lugo, o cabo Benito Martínez, negou con todo este venres os insultos denunciados pola alcaldesa pero, curiosamente, comparouna co “Generalísimo”.

RESPOSTA PÚBLICA DE LARA MÉNDEZ

A alcaldesa manifestou esta tarde, publicamente en Twitter, a súa decisión de abrir expediente aos axentes e as razóns.

“O Concello de Lugo activou a apertura dos expedientes disciplinarios aos seis oficiais que asistiron á reunión mantida onte comigo e o director xeral de Recursos Humanos para presentar a proposta de redistribución dos efectivos do corpo”, anunciou a alcaldes socialista, quen considera que as actitudes dos axentes “poden encaixar baixo as faltas que a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia tipifica como moi graves ou “graves”.

Méndez tamén argüíu que aínda que “as reclamacións sindicais e laborais son lexítimas”, considera que se produciron “comportamentos que nin eu nin calquera outra persoa debe tolerar”.

Por último, aseverou que “a reorganización dos efectivos non afecta para nada aos seus dereitos, e si ao correcto funcionamiento dun servicio tan importante para a veciñanza”. E sentenzou que “o interés da cidadanía debe ser prioritario”.